Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de abril de 2023

Experimentando....

O alumnado de 4º de Educación Primaria está a realizar algún experimento. 



Descubriron como os fluidos non newtonianos (fluidos cuxa viscosidade varía coa temperatura e a tensión constante que se lle aplica) se converten en sólidos cando se aplica presión. 




Durante esta semana, tamén, experimentaron sobre a densidade.



                                                                             



mércores, 4 de maio de 2022

TALLER PAPEL RECICLADO

 Ola, Liliseparador@s!

Sabíades que cada ano desaparecen no planeta entre 73000 e 93000 km2 de bosques, o que equivale á superficie dun país como Portugal?

 

A reciclaxe de papel é un proceso que non só axuda a minimizar a deforestación de bosques senón que tamén reduce significativamente a enerxia e a auga utilizadas no proceso.

Inmersos como estamos este curso en coidar o noso planeta, aprendemos o proceso de elaboración do papel reciclado dunha forma sinxela e divertida. 









Consumide responsable, reutilizade e reciclade por un futuro sostible do noso planeta!!!

martes, 25 de maio de 2021

EXPERIMENTOS EN FAMILIA DE 6.º DE E. PRIMARIA

 Ola, Lilicientífic@s!

Os nenos e nenas de 6.º de E. Primaria parece que estiveron experimentando en familia. Agora que xa somos uns expert@s investigadores, podedes comprobar e practicar algúns deles na casa.

 Parabéns polo voso traballo !!!



EXPERIMENTOS 5.º E. PRIMARIA

 Bos días, Lilicientífic@s!

Os nenos e nenas de 5.º de E. Primaria están a experimentar na casa. Botade unha ollada aos seus ensaios.


ADIANTE COA CIENCIA!!!

luns, 24 de maio de 2021

OS NENOS E NENAS DE 6º DE E. INFANTIL EXPERIMENTAN NA CASA E NO COLE

 Ola, Lilicientífic@s!

Mirade que ben o pasaron os nenos e nenas de 5 anos amosando os experimentos feitos na casa ao resto de compañeir@s da aula. 

Grazas ás familias pola súa implicación. 

xoves, 20 de maio de 2021

OS NENOS E NENAS DE 3.º DE E. PRIMARIA EXPERIMENTAN NA CLASE

 Bos días, Lilicientífic@s!

Que ben o pasades nas clases experimentando e aprendendo coa ciencia. Cada día sorprendédesme máis. Parabéns polas vosas investigacións!!!



xoves, 13 de maio de 2021

CIENTÍFIC@S EN 2.º DE E. PRIMARIA

 Ola, Lilicientífic@s!

Os nenos e nenas de 2.º de E. Primaria, comprobaron o proceso de oxidación e conservación nun experimento. Aquí tedes o resultado.



mércores, 12 de maio de 2021

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS EXPERIMENTAN NA CLASE

 Bos días, Lilicientífic@s!

Que contenta estou estes días porque o cole cheira a ciencia. Parabéns aos nenos e nenas de 5.º de E. Infantil por mostrar aos demais os seus logros.





martes, 11 de maio de 2021

CIENCIA EN FAMILIA DOS PEQUES DO COLE

 Bos días, Lilicientífic@s!

Que vos parecen estes experimentos que trouxeron das súas casas os nenos e nenas de 4.º de E. Infantil?

Parabéns pequenos científic@s!!!

Moitas grazas ás familias por participar con nós neste proxecto.


luns, 10 de maio de 2021

EXPERIMENTOS INFANTIL

 Bos días, Lilicientífic@s!

Os pequenos do cole seguen a experimentar, aquí tedes unha mostra do seu lado mais científico.



martes, 4 de maio de 2021

EXPERIMENTOS EN FAMILIA 3.º

Ola, Lilicientífic@s!

Canto traballades na casa coa axuda da vosa familia. Este vídeo de experimentos dos nen@s de 3.º demostra os grandes científic@s que sodes. Botádelle unha ollada. 

Lémbrovos que podedes seguir enviando os vosos experimentos ao meu correo electrónico: bibliolilisanta@gmail.com

ADIANTE COA CIENCIA!!! 

luns, 26 de abril de 2021

LAPBOOK EXPERIMENTOS

 Bos días, Lilicientífic@s!

Aquí tedes o tan ansiado lapbook. É o resultado deses estupendos experimentos que fixestes na semana do libro. Parabéns!!!


A DESFRUTAR COA CIENCIA!!!