Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de marzo de 2023

21 de marzo: Día da Poesía

 Bo día Lililector@s!!!

O 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA. Para conmemorar este día, onte o alumnado de 6º foi polas distintas clase lendo uns poemas os compañeiros/as de Educación Infantil e Primaria.




mércores, 23 de marzo de 2022

POESÍAS RECICLO-CREATIVAS

 Bo día, Liliseparador@s!

Como me gusta que utilicedes todos os recursos que temos na biblioteca. A ruleta das palabras do proxecto serviuvos para crear uns fermosos poemas. CANTA CREATIVIDADE!

Espero que vos guste esta presentación interactiva que realicei con todas as vosas poesías.

 

Que o voso pensamento siga sendo tan orixinal e a vosa imaxinación tan construtiva e diverxente. PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!



luns, 21 de marzo de 2022

RECICLA POLO CAMIÑO, VALENTIÑO!

 Bo día, Liliseparador@s!

Hoxe 21 de marzo, é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Nos entendemos esta como unha manifestación creativa da diversidade e por iso, na biblioteca tivemos unha representación moi especial, un teatro de sombras. 

As mestras de infantil Alba e Elena que son unhas grandes artistas, fixeron  para os nenos e nenas máis pequen@s do cole, unha adaptación do conto "Bo camiño, Valentiño!" integrando a reciclaxe na súa viaxe. 


Por certo, espero que vos gustase moito o agasallo feito coa impesora 3D...

 

mércores, 9 de marzo de 2022

LECTURA COMPARTIDA YOLANDA 4º

Bo día, Liliseparador@s!

Que ilusión recibir as vosas lecturas compartidas coa familia, ademais xusto no mes en que adicamos o reto lector á poesía. Moitas grazas pola vosa participación.

luns, 7 de marzo de 2022

RETO LECTOR MARZO-PROXECTO DÍA POESÍA

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa comezamos un novo mes, e seguindo co reto lector tócanos... poesía. Grazas a esta podemos expresar emocións e utilizar a linguaxe dunha forma libre. Mirade que cousa estamos argallando para o DÍA DA POESÍA empregando os libros da nosa biblio. 

Como sempre, déixovos no recuncho da entrada as miñas recomendacións. 


 ADIANTE LILIPOETAS E LILIPOETISAS!!!

domingo, 21 de marzo de 2021

EXPERIMENTAR E RECITAR...

 Bos días, Lilicientific@s!

Hoxe é o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía.

A poesía é moito máis que un entretemento, é un recurso educativo que estimula o desenvolvemento emocional, cognitivo e comunicativo. Exprésase de forma diferente e sutil e consegue comunicar cousas obrigando ao lector/a a descubrir a esencia da mensaxe.

Durante esta semana fixeime no traballo que fixestes mesturando dúas das miñas paixóns, a poesía e a ciencia. Aquí tedes o resultado dos vosos pareados científicos. NORABOA!!!




martes, 5 de maio de 2020

PASEO DA POESÍA

Por fin, chegou o esperado día. Tras moito traballo, xa temos aquí o noso....
PASEO DA POESÍA!!

Mirade que chulas quedan as vosas estrelas.








xoves, 19 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA


PAREADOS DE CINE

Bos días Lililectores, como se achega o día da Poesía, quero propoñervos unha actividade moi chula coa que decoraremos o noso cole.
Aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria, invítovos a que escribades na miña pegada o voso nome cunha palabra que rime.

 E aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º a que fagades un pareado cos vosos nomes. Déixovos un exemplo co meu nome:
Así poderemos poñer todas as pegadas que fagades no noso...

PASEO DA POESÍA!!
    
         






xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Lili convocounos para celebrar este día participando nun concurso de poesía de tema libre. Tamén nos recordou que, dado que o noso proxecto deste ano é Liliarte, os poemas deberían ter un fondo artístico.
Recibimos uns preciosos traballos de todos os cursos. Aquí podedes ver algunhas mostras.




























Resulta moi difícil escoller cal nos gusta máis. Gústannos todos! 

Noraboa, pequenos artistas!!!

venres, 23 de marzo de 2018

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo foi proposto pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía. Nós sumámonos organizando un xogo de pistas no que cada curso tiña que atopar as estrofas perdidas dun poema. Foi moi divertido e o tempo pasounos rapidamente.



 












Despois lemos o poema completo.


Canto nos gusta ler poesía!!!

mércores, 16 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DE LA POESÍA


La Conferencia General de la Unesco proclamó el 21 de marzo como Día Mundial de la Poesía, con el fin de reconocer el valor social de este género literario como medio de intercomunicación entre las personas.

Los alumnos del centro crearon sus propios poemas, de los que aquí mostramos un ejemplo.

En www.prensaescuela.es puedes consultar más información sobre este tema.