Amosando publicacións coa etiqueta 16-17 A volta ao mundo con Lili. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 16-17 A volta ao mundo con Lili. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de maio de 2017

VIAXANDO, VIAXANDO

Seguindo o noso proxecto de biblioteca, con Erika González demos "A volta ao día en 80 mundos".
















 Foi unha viaxe moi interesante e divertida!

martes, 21 de marzo de 2017

VISITA DA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS

A escritora Andrea Maceiras presentounos a súa obra Volverás, golfiño aos nenos de 4.º, 5.º e 6.º.














Fíxonos moita ilusión que nos asinara o seu libro. Escoitamos con moita atención e contestou a todas as nosas preguntas. 



martes, 14 de marzo de 2017

CHEGOU O ENTROIDO!


Ao chegaren estas datas, atopábamonos viaxando por Exipto con Lili. Para deseñar o noso disfrace inspirámonos na vestimenta dos antigos faraóns.


Desfilamos moi alegres todos xuntos ata o Concello. Os freixós e as orellas que comemos despois estaban ben ricos.

Ao final queimamos o Entroido, unha momia exipcia que quedou moi ben feita.






Que bo día pasamos!









xoves, 9 de febreiro de 2017

VISITOUNOS IAGO LÓPEZ!

O pasado día 2 de febreiro, os nenos de 1.º, 2.º e 3.º de Primaria tivemos a sorte de que Iago López, o autor de O cociñeiro Martiño, viñese contarnos o seu conto.

Tivo como axudantes a algúns de nós, converténdonos coa súa maxia nos personaxes da historia.

Fíxonos moita ilusión e foi moi divertido! 
























martes, 31 de xaneiro de 2017

BENVIDO, PACO NOGUEIRAS!

Paco Nogueiras visitounos o pasado día 16 de xaneiro. Con el puidemos vivir as marabillosas historias que levaba na súa maleta. Ademais cantounos unhas fermosas cancións. 
 
Gustounos moito e esperamos que volva.























xoves, 12 de xaneiro de 2017

O NOSO NADAL CON LILI

Viaxar con Lili por todo o mundo é moi divertido. No festival de Nadal quixemos coñecer distintos lugares a través da súa música e os seus costumes.

De cantas formas se pode viaxar!










xoves, 10 de novembro de 2016

CHEGA O SAMAGOSTEEN!

Na nosa biblioteca o outono é tempo de castañas, de cabazas e de desfrutar con libros sobre fantasmas, bruxas, esqueletos e outros seres máxicos.

 



















Todos colaboramos para facer unha exposición cos nosos libros preferidos de medo e para decorar os corredores con imaxinativas cabazas.


 

                                           















A ambientación e os disfraces quedaron "terroríficos".

mércores, 26 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis chegou ás nosas aulas unha carta de Lili onde nos propoñía un xogo de pistas para atopar o libro perdido sobre a súa viaxe arredor do mundo.
Buscamos por toda a biblioteca e cada curso conseguiu o seu  para a mochila viaxeira. Dentro dela había, entre outros, un precioso libro de arte, porque a nosa biblioteca é territorio de artes.












 

          Moi ilusionados buscamos as pistas.










                                                                                      
                                                                           Os pequeniños xa teñen o seu carné.



                                            Comeza a viaxe da mochila viaxeira.

UN NOVO PROXECTO !

A nosa mascota Lili tivo un verán moi axitado: deu a volta ao mundo.

Cando volveu ás Pontes, pensou que sería unha boa idea contarlle aos nenos a súa viaxe. Así naceu o proxecto A volta ao mundo con Lili.

Convidámosvos a todos a compartir a nosa aventura!