Amosando publicacións coa etiqueta 24-25 De ponte a ponte con Lili. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 24-25 De ponte a ponte con Lili. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de xuño de 2025

Enquisa anual

Coma todos os anos, gustaríanos que nos axudásedes a mellorar a biblioteca. Para iso deixamos aquí unhas enquisas para completar. Para participar premede no voso apartado.

E se tedes calquera outra suxestión ou comentario, non dubidedes en facelo!

Un saúdo de Lili

xoves, 5 de xuño de 2025

Sobre Lector

 Este curso puxemos a andar Sobres Lectores. Con eles enviamos ás distintas aulas os xornais e revistas que recibimos no cole para que puidesen ser lidos durante a Hora de Ler.







mércores, 4 de xuño de 2025

Obradoiro de Títeres

 Coma todos os anos, os nenos e as nenas de 5º de educación primaria levaron a cabo un obradoiro dentro do programa Biblioteca Creativa. Este curso pedímoslle a Ton Arenas que nos axudase a facer títeres para as nosas obras de teatro. E así, foi! Cun pouco de atraso xa que tivemos que pospoñer a visita por mor do apagón, o alumnado aprendeu a deseñar títeres de cartón. Temos moitas ganas de que nolos ensinen a facer nos obradoiros de LiliSteam do curso que vén.

Mil grazas Ton polo taller!

Biblioteca Creativa 2025 de Bibliolili

martes, 3 de xuño de 2025

Contacontos

 Bos días lileiros e lileiras!

Despois de ler A vaca dixo mua no 1º ciclo, Cuentos que dan mucho juego no 2º ciclo e Cuentos en verso para niños perversos no 3º, achegouse Vicki ao cole para axudarnos a darlles vida.

Con ela dramatizamos e xogamos coas distintas historias que leramos.

Mil grazas pola visita!

Contacontos de Bibliolili


mércores, 28 de maio de 2025

Lilipatios

 O xoves 15 de maio comezamos cos Lilipatios, pensando en facilitar distintos xogos que fagan do tempo de lecer un momento no que cada persoa poida explorar distintas posibilidades para gozar dos patios, buscar aquilo que máis nos apeteza e, así, que o resto da semana sigamos fácendoo xa por libre.

Cada xoves variarán o tipo de actividades para que poidamos probar xogos e materiais moi distintos.

Lilipatio de Bibliolili

xoves, 22 de maio de 2025

A semana das Letras Galegas

 Ola a todos e a todas,

Durante todo o mes de maio nas aulas estivemos a traballar sobre aquelas letras que durante moito tempo non se escribiron, senón que se cantaban e se contaron. Trasmitíronse de xeración en xeración cantigas, refráns, contos, lendas...

Na semana das Letras celebramos e homenaxeamos a nosa tradición de diferentes maneiras.

Publicamos en conxunto con outros centros educativos pesquisas que fixemos na casa preguntando sobre antigos contos, lendas e cantigas.

Hecho con Padlet

Asistimos ao concerto que organizaron as Escolas Municipais.



venres, 16 de maio de 2025

Reto LiliSteam de maio

 Chegamos a maio polo que chegou tamén o último reto do curso. Agora só temos que esperar pola sorpresa do final do curso.

Obradoiro maio 2024/25 de Bibliolili

xoves, 15 de maio de 2025

Día do Libro

Sen darnos conta, chegamos a abril e a Semana do Libro. Como vimos o sol no ceo aproveitamos para xuntarnos e lernos uns aos outros á sombra das árbores do Parque da Feira.

Día do Libro 2024-25 de Bibliolili

mércores, 23 de abril de 2025

Obradoiro STEAM de abril

Antes das vacacións desta Primavera, tivemos tempo para o noso seguinte obradoiro. Neste caso, mancharon as mans moldeando diferentes tipos de peixe. Logo, coloreamos!

Obradoiro abril 2024/25 de Bibliolili

luns, 31 de marzo de 2025

Día do Teatro na biblio

Este ano, aproveitamos a celebración do Día do Teatro, o día 27 de marzo, para iniciar unha nova actividade: o recuncho de teatro.

A partir de agora, todos os martes no recreo, teremos na biblioteca disfraces, accesorios, títeres... É dicir, todo o necesario para montar unha mini obra de teatro no tempo de lecer.



mércores, 26 de marzo de 2025

Encontros PLAMBE 2024/2025

Como centro integrado no PLAMBE, Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, participamos no seu encontro anual que tivo lugar en Santiago o pasado xoves 20 de marzo.




luns, 10 de marzo de 2025

Obradoiro STEAM de marzo: Origami

Chegou marzo e chegou o noso segundo obradoiro de LiliSteam!

Desta volta aproveitamos os coñecementos e habilidades co papel das nosas voluntarias para montar un obradoiro de papiroflexia. Nel aprendéronos a facer diferentes figuras soamente dobrando folios.

Moitas grazas a tod@s por participar!

Obradoiro marzo 2024/25 de Bibliolili

venres, 21 de febreiro de 2025

23 de febreiro: O día de Rosalía

Ola a todos e a todas!

O día 23 de febreiro é o día do aniversario de Rosalía de Castro. Como este ano coincide en domingo, no cole decidimos celebralo tod@s xunt@s este venres 21.

Comezamos as celebracións durante o tempo de lecer. Na biblioteca agardaban por nós distintos tipos de robots sobre taboleiros con información da vida e obra da poeta. Os robots tiñan que moverse até o recadro que ilustraba a resposta correcta ás distintas preguntas que se ían formulando.


Despois do recreo xuntámonos tod@s no ximnasio e cada aula amosou o traballo que realizaramos estes días. Comezou o alumnado de 6ºEP realizando presentacións en pequenos grupos sobre a vida e obra de Rosalía. A continuación, o alumnado de educación infantil cantounos os versos "Eu ven vir estar ó moucho" de Cantares Gallegos. Despois, a aula de 5ºEP probou os nosos coñecementos sobre esta autora cun concurso de "verdadeiro ou falso". Os nenos e nenas de 1º e 2º recitaron cadanseu centón, un poema creado a partir da selección e mestura de versos de distintos poemas de Rosalía. Finalmente, o grupo de 4º recitou o poema "Miña casiña, meu lar". Como neste poema cóntase como se pode preparar un caldo xeitoso, "de gloria", o alumnado de 3º explicounos nunha pequena representación como pode ser a súa elaboración.


xoves, 20 de febreiro de 2025

Primeiro obradoiro STEAM

Ola a todos os lectores e lectoras de Bibliolili,

Neste comezo de ano, empezamos a organizar na biblioteca un obradoiro cada mes para coñecer e gozar dos novos materiais que ten a biblio, e outros non tan novos pero que pasan desapercibidos. 

Obradoiro febreiro de Bibliolili


Aquelas persoas que veñan coñecer estes novos xogos, que realicen os retos e que axuden e colaboren co resto de persoas participantes poderán selar a súa cartilla STEAM. Que pasará cando teñamos cuberto todos os selos a final de curso?

A primeira proposta, a do mes de febreiro, foi a partir do xogo de construción KAPLA.

martes, 11 de febreiro de 2025

Novos recunchos para o Día da Nena e a Muller na Ciencia

 Ola a tod@s!



Levamos uns meses organizando os espazos da biblioteca para darlle cabida aos novos materiais que están chegando ao cole e para aproveitar mellor os recunchos que temos no noso pequeno espazo. Agora tamén incorporamos a nova Aula do Futuro. Aínda que xa a levamos empregando dende outubro, decidimos reinauguralas un día moi especial: O día da Nena e a Muller na Ciencia.


11F de Bibliolili