Amosando publicacións coa etiqueta Booktubers. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Booktubers. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de febreiro de 2024

BOOKTRAILERS

 Bo día Lililector@es!

O pasado día 16 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron un taller para aprender a facer BOOKTRAILERS. Sabedes o que é? Pois trátase de editar un vídeo destinado a promocionar un libro, similar aos tráilers cinematográficos que promocionan películas. Así, os nenos e nenas puxéronse mans á obra e, a través da música, imaxes, secuencias grabadas, efectos, etc. fixeron os seus propios booktrailers destacando os aspectos máis engaiolantes dun libro, para recomendar a lectura deste.

Aquí vos deixo algunhas fotos e algúns dos vídeos editados por eles. Que artistas!


Vídeo editado polo alumnado de 6º EP

Vídeo editado polo alumnado de 5º EP







venres, 3 de xuño de 2022

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

 Bo día, Liliseparador@s!

Que pouco falta para as vacacións de verán! 

Este curso puiden comprobar canto vos gusta vir á biblioteca e utilizar o recuncho creativo. Por iso, nesta guía ademais de recomendacións de libros, tedes tamén xogos para que as tardes sexan máis amenas. Gozade das vacacións que o tedes merecido!!!







Mirade os BOOKTUBERS do cole recomendando as súas lecturas:

venres, 29 de abril de 2022

BOOKTUBERS INFANTILES

 Bo día, Liliseparador@s!

@s máis pequen@s do cole convertíronse en BOOKTUBERS. Compartiron as súas opinións, apreciacións e recomendacións de lecturas entre os seus iguais, creando comunidades de lectores.

QUE CANTEIRA TEMOS NO COLE, APUNTAN MANEIRAS!!!