Amosando publicacións coa etiqueta 23-24 A Lili do futuro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 23-24 A Lili do futuro. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de xuño de 2024

  Un ano máis a vosa opinión importa e axúdanos a mellor cada curso. Por iso, para o equipo de biblioteca é importante que respondades a esta breve enquisa. Pinchade nos enlaces correspondentes. 


Enquisa familias primaria 

Enquisa familias infantil

Enquisa axudantes da biblioteca

Enquisa alumnado

Grazas pola vosa colaboración!!

xoves, 23 de maio de 2024

O Día das Letras Galegas nas clases

 Bo día lililector@s:

Hoxe traémosvos outras actividades realizadas nas clases sobre Luisa Villalta. A verdade e que o alumnado aprendeu moito sobre a autora de xeito moi atractivo, coas novas tecnoloxías e con actividades divertidas.




O Día das Letras Galegas e a robótica

Bo día Lililector@s: 
O grupo de 2º de Primaria durante este mes estiveron contestando a preguntas que tiñan os distintos especialistas relacionadas coa autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas co Scornabot. Debaixo das respostas tiñan distintas partes dun puzzle da imaxe de Luisa Villalta. Xa antes de ter todas as pezas a recoñeceron, vaia expertos!


luns, 13 de maio de 2024

CELEBRANDO O DÍA DE EUROPA NO CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA

O 9 de maio celebramos o día de Europa no noso colexio. Durante toda a semana preparáronse actividades propiciando un achegamento de Europa ao alumnado.

Os nenos e nenas de 6º investigaron e lembraron os países europeos visitados: Bélxica, Francia, Portugal e Italia; para logo facer unha presentación ao resto dos compañeiros do cole. 


Tamén as familias quixeron mostrar as súas vivencias dos países visitados.

PORTUGAL

ALEMAÑA

Cada neno e nena do centro contou cun pasaporte no que colocaría o adhesivo do país coñecido.


Os mestres participantes no Erasmus + mostraron experiencias de Italia, Turquía e Lituania.   





Gran traballo o realizado polo alumnado de 6º Educación Primaria, profesorado participante no Erasmus + e familias. 













xoves, 9 de maio de 2024

Agasallo libresco

Ola a tod@s! 

Durante os días nos que estivemos recibindo ás familias e as súas ganas de contarnos todo tipo de contos, tamén chegou ao cole un agasallo moi especial por medio dunha delas: o conto Meiga Meigona, escrito por Sonia Corral e ilustrado por Natalia Corral, nai de Lúa. Xa está rexistrado no catálogo do cole e ben disposto nas novidades da biblio. Mil grazas!





martes, 7 de maio de 2024

Os nomes das aulas

Bo día Lililector@s: Xa dende cursos pasados rondábanos a idea de poñer nomes ás aulas. A principio de curso dende o departamento de Normalización Lingüística decidiuse elixir nomes de personaxes galegos e a casualidade quixo que todas as aulas elixiran nomes de mulleres. Dende Biblioteca Creativa e Polos Creativos pensamos que sería boa idea dar unha base e que o alumnado escribira cadanseu nome da aula e así o fixemos. Mirade que ben quedaron na impresora 3D. Colocarémolos nas entradas das aulas polo Día das Letras Galegas

venres, 3 de maio de 2024

Valores no deporte

Bo día Lililector@s: Relacionado co día do Acoso Escolar, hoxe veu o adestrador do CD As Pontes para ensinar a todo o alumnado de Primaria os valores importantes nos deportes e transmisibles á vida.
Charla valores deporte de Bibliolili

xoves, 2 de maio de 2024

Premios Muralla Romana

 Bo día Lililector@s:

Hoxe veño a informarvos dun concurso no que participaron algunhas algumnas de 6º de Primaria e pese a ser un concurso de moita afluencia, 2.300 participantes, unha delas quedou finalista, aquí a temos:

https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/los-premios-muralla-ganadoras/202305101853161663914.html
 


Noraboa, Adriana!

luns, 29 de abril de 2024

Lectura en familia

Bo día Lililector@s: Estamos a recibir un montón de familias para ler nas aulas, mirade que estampas máis bonitas! E o ben que o pasan @s nen@s... gozan un montón, ademais de engancharse á lectura! Se é que todo son vantaxes cando unimos a familia e a escola!
Lectura en familia de Bibliolili

xoves, 25 de abril de 2024

Concurso de marcapáxinas da Biblioteca Municipal de As Pontes

Bo día Lililector@s: Este curso participamos no II Concurso de Marcapáxinas "Descubrindo as estrelas" da Biblioteca Municipal das Pontes. Os marcapáxinas gañadores en cada categoría están impresos e regalaranse durante todo o ano aos usuarios e usuarias da propia biblioteca. Ademais, podedes ver todas as obras participantes  xa que están expostas nas escaleiras do edificio da biblioteca. Aquí temos os marcapáxinas das nenas gañadoras do noso centro. Noraboa e moitísimas grazas pola participación!




mércores, 24 de abril de 2024

Celebración do Día do Libro con apadriñamentos lectores

Bo día lililector@s: Onte, día 23 de abril de 2024, celebramos o Día do Libro co alumnado máis maior lendo ao máis pequeniño. Mirade que imaxes máis bonitas vivimos! Así os nenos e nenas máis pequeniñ@s aprenden d@s maiores o gusto pola lectura!
Celebración día do libro 23 de abril de 2024 Apadriñamento lector de Bibliolili

martes, 23 de abril de 2024

Familias lectoras

Bo día familias: Xa empezamos coas lecturas das familias no centro, así que animádevos a participar e ler nas clases d@s vos@s nenos e nenas!

xoves, 4 de abril de 2024

Visita de Aspanaes

 Bo día Lililector@s:

Este curso para celebrar o Día Mundial da Concienciación do Autismo, tivemos a visita de Aspanaes, asociación adicada ao traballo con este colectivo. Explicaron ao alumnado de 5º e 6º, na biblioteca do centro, en que consiste o seu traballo e a continuación fixeron varios xogos no ximnasio. Tod@s o pasaron moi ben!

Tedes pinchando aquí unhas fotos do día

Saúdos!



venres, 22 de marzo de 2024

A Voz do Santa María 2024

 Bo día Lililector@s:

Aquí vos traio o xornal do Santa María deste curso! Vaia cousas que fan os nenos e nenas deste cole!


Copia de Periódico A voz do santa maría.pdf de Bibliolili

xoves, 21 de marzo de 2024

REMOMENDACIÓNS LECTORAS

 Ola, de novo, Lililector@s:
Xa está editado o novo volume do noso xornal "A Voz do Santa María". A sección de recomendacións lectoras para as vacacións de Semana Santa podedes visualizalas na imaxe.



luns, 11 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O venres, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no noso cole. Limos o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, lembrando a nosa poeta galega que representa como ningunha outra o sentimento de pertenza á nosa Terra. Tamén fixemos entre todos e todas o retrato da nosa poetisa galega. Aquí vos deixo un vídeo dalgúns momentos deste día tan especial.




venres, 8 de marzo de 2024

8M

 Bo día Lililector@s:

Durante estes días para celebrar o 8M nalgunhas clases de E.F. o alumnado creou palabras adicadas as mulleres máis importantes das súas vidas. Aquí as tedes para todas vos!









xoves, 22 de febreiro de 2024

BOOKTRAILERS

 Bo día Lililector@es!

O pasado día 16 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron un taller para aprender a facer BOOKTRAILERS. Sabedes o que é? Pois trátase de editar un vídeo destinado a promocionar un libro, similar aos tráilers cinematográficos que promocionan películas. Así, os nenos e nenas puxéronse mans á obra e, a través da música, imaxes, secuencias grabadas, efectos, etc. fixeron os seus propios booktrailers destacando os aspectos máis engaiolantes dun libro, para recomendar a lectura deste.

Aquí vos deixo algunhas fotos e algúns dos vídeos editados por eles. Que artistas!


Vídeo editado polo alumnado de 6º EP

Vídeo editado polo alumnado de 5º EP







venres, 16 de febreiro de 2024

Iniciativa 11F

 Bo día Lililector@s:

Para celebrar o Día da Nena e a Muller na Ciencia, sumámonos á iniciativa 11F. É unha plataforma que permite a científicas de calquera ámbito atopar a centros interesados, coma o noso, en recibir unha charla sobre o seu traballo ou outra temática relacionada co seu ámbito de estudo. Nós recibimos a Mariluz, investigadora da Universidade de Vigo cuxos traballos están relacionados coa auga e os efectos desta na paisaxe e o territorio. Despois de explicarnos o seu traballo, os instrumentos e o laboratorio, fixemos unha pequena práctica para analizar auga que nós mesm@s recolléramos.

Moitas grazas pola visita!



xoves, 8 de febreiro de 2024

Venres de Entroido!

Aí ven o Entroido e a festa rachada, cos nenos na escola faremos foliada!
O futuro chega ás portas da nosa escola... BEEP-BEEP!