Amosando publicacións coa etiqueta Animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de abril de 2021

CONTACIENCIA

 Bos días, Lilicientífic@s!

Por fin chegou o ansiado día e pallaso corazón comezou a súa actuación. Moitas grazas á profe Vicky que fixo que o 23 de abril fora moi especial.



luns, 20 de abril de 2020

BÚSCASE!

Ola de novo, Lililectores!
Estes días de vacacións desfrutei do que máis me gusta facer. Sabedes que é?
Claro que si... a lectura!!!
Na biblioteca do cole atopei este fermosísimo libro onde descubrín a unha lebre coa miña mesma gran afición. Búscase baixo a sospeita de roubar novelas, desaparecer con dicionarios, coller poesías e quitar cómics e libros de cociña. Veuse por última vez na casa de Arturo.

Axúdasme a atopala?

https://www.combeleditorial.com/es/libro/se-busca-lili-la-liebre-ladrona-de-libros_978-84-9101-044-9






Que vos parece se agora creades o voso propio cartel de ladróns e ladroas de libros?



mércores, 5 de febreiro de 2020

CONTACONTOS: O COCIÑEIRO MARTIÑO

Como esperabamos o contacontos de Iago López sobre o seu libro "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" foi todo un éxito. 
Desfrutamos todos e todas desta incrible aventura, dende os máis pequenos do colexio, ata os nenos e nenas de 5º e 6º.


Mirade que ben o pasamos!!

luns, 3 de febreiro de 2020

"O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS"

Aproveitando que temos a Iago López no noso cole, mañá gozaremos dunha multisesión de contacontos na que o propio autor nos mergullará nas aventuras de Martiño. 
Espero que vos guste tanto coma min!!!




Recordade traer os contos de Martiño para que Iago volos asine.


martes, 22 de marzo de 2011

HISTORIA DE ALBA

Unha nena chamada Alba, xunto con outros nenos, axuda a unha avoa a recuperar obxectos que lle roubaran.

Esta animación trata da cooperación entre persoas e tamén entre distintas especies.
A representación tivo lugar coa participación activa dos nenos do primeiro ciclo.

martes, 25 de xaneiro de 2011

PALABRAS NO AR

No obradoiro de escrita creativa Palabras no ar descubrimos unha morea de animais que non sospeitabamos que existisen. Queremos compartilos con vós neste enlace.