xoves, 23 de maio de 2024
O Día das Letras Galegas e a robótica
venres, 13 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Bo día, Liliseparador@s!
Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano están adicadas a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, un poeta ourensán namorado da súa terra galega. Aquí vos deixo un xogo para comprobar se sodes expertos neste escritor galego.
PARA INFANTIL E 1.º DE E.P.
martes, 22 de marzo de 2022
TALLER DE ROBÓTICA RECICLO-CREATIVO
Bo día, Liliseparador@s!
A semana pasada os nenos e nenas de infantil gozaron dun taller de robótica da man das miñas axudantes, as profes Alba e Elena, achegando así ao alumnado ao descubrimento da tecnoloxía e a programación e dando pé a unha aprendizaxe dinámica e divertida.
mércores, 23 de febreiro de 2022
SEMENTANDO PENSAMENTOS
Ola, Liliseparador@s!
Hoxe homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu aniversario. Seguindo a temática do noso PDI de centro, reciclaxe e medio ambiente, plantamos pensamentos que era unha das flores preferidas desta autora.
Despois de estudar un pouco máis sobre a súa vida e obras, realizamos un cuestionario con taboleiros e escornabots:
luns, 3 de maio de 2021
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Bos días, Lililector@s!
Paréceme importante traballar os valores de respecto, tolerancia, igualdade, compañeirismo... desde idades temperás co fin de evitar que as conductas negativas se convertan nun futuro en posibles casos de acoso escolar. Por iso, este ano a través da robótica tento concienciar ao alumnado de infantil.
A actividade proposta parte do conto "La niña más pequeña de toda la escuela" que podedes atopar na nosa biblioteca.
martes, 6 de abril de 2021
TITORIAL ESCORNABOTS
Bos días, Lilicientífic@s.
Mirade que traballo tan xenial fixeron estes nenos de quinto montando os escornabots da biblio!
Espero que lles dedes uso!!!