Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de abril de 2024

Visita de Aspanaes

 Bo día Lililector@s:

Este curso para celebrar o Día Mundial da Concienciación do Autismo, tivemos a visita de Aspanaes, asociación adicada ao traballo con este colectivo. Explicaron ao alumnado de 5º e 6º, na biblioteca do centro, en que consiste o seu traballo e a continuación fixeron varios xogos no ximnasio. Tod@s o pasaron moi ben!

Tedes pinchando aquí unhas fotos do día

Saúdos!



mércores, 12 de abril de 2023

Día Mundial de Concienciación do Autismo

 O 2 de abril celebrouse o DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. Antes de marchar de vacacións o alumnado coñeceu o que é un pictograma e fixo os seus propios.






sábado, 2 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 Bo día, Liliseparador@s!


Este libro ofrece unha experiencia de inmersión que nos fará empatizar coas persoas que teñen TEA (Trastorno de Espectro Autista). Grazas ás lentes, os lectores e lectoras vivirán dobres situacións dun mesmo relato. Coñecerán as principais alteracións que presentan e obterán claves que faciliten a presenza, a participación e a aprendizaxe destes nenos e nenas nas súas clases, no recreo, no parque... xa que todos eles poden facer o mesmo que todos nós se contan cos apoios e axustes da contorna necesarios.


xoves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

A Asamblea General de las Naciones Unidas instaurou en 2007 o  2 de abril como Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade como cidadáns y cidadás de pleno dereito.
 
Este ano celébrase dunha forma algo diferente, xa que todos nós estamos na casa debido ao COVID-19. O lema é o seguinte:

«puedo aprender, puedo trabajar».