Bo día, Liliseparador@s!
Ata o de agora no cole realizábamos lecturas compartidas entre o alumnado e era todo un éxito. De aquí xorde a idea que desenvolvín co fin de levar da escola a casa este interesante práctica.
A lectura compartida dáse cando un adulto le un conto ou libro a un neno ou nena en voz alta, pero coa condición de que esta lectura sexa interactiva, é dicir, as dúas partes, adulto e neno ou nena, deben interactuar. Formar este club e unha oportunidade para reunir ás familias coa escola e facer algo conxunto que sexa positivo e afectivo no desenvolvemento dos nenos e nenas.
A proposta é a seguinte: debedes ler un conto ou libro na casa con algún membro da vosa familia en lingua galega e gravarvos en vídeo. A continuación enviádesmos ao correo electrónico da biblioteca (bibliolilisanta@gmail.com).
ARRIBA CO CLUB DE LECTURA COMPARTIDA!!!