Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca inclusiva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca inclusiva. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2022

NOVIDADES INCLUSIVA E CREATIVA

 Bo día, Liliseparador@s!

Temos todas estas novidades na nosa biblioteca. Podédes gozar delas na vosa quenda de biblioteca!

martes, 15 de febreiro de 2022

NOVIDADES BIBLIO

 Ola, Liliseparador@s!

Xa temos na biblio moitas novidades. Non dubidedes en vir botar unha ollada na vosa quenda.



mércores, 25 de novembro de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Bos días, Lililectores!

Un ano máis, queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero dende o noso centro e por iso, dende a distancia, todos e todas aportamos o noso gran de area.

Dende a biblioteca fixemos unha recomendación de libros chulísimos en galego que trouxemos como novidades para traballar este tema, ampliando así a nosa sección de Biblioteca Inclusiva.

Brancaneves e os 77 ananiños,  e Cincenta e as zapatillas peludas, uns clásicos nos que se lle da a volta ao conto con humor, cuestionando os estereotipos de xénero. Onde Brancaneves fártase de limpar a casa para os ananiños e Cincenta non necesita ao seu príncipe para ser feliz.

Audioconto Brancaneves e os 77 ananiños

E para os máis pequenos, Rosa Caramelo, un conto que nos achega á igualdade de xénero a través da historia de Margarita, a súa protagonista.

Clica aquí para ver o Audioconto.

Sobre estes contos, traballamos na clase e decidimos facer uns murais con lemas en galego. Presentamos dous deles a un concurso, e asistimos por videoconferencia á entrega de premios.



Ademáis, coa colaboración da ANPA ABRENTE, puidemos ver unha obra de teatro en versión dixital, na nosa biblioteca: Contos de nenas grandes e pequenas, da compañía teatral Tropa de Trapo. Déixovos o enlace para poder vela dende a casa:

CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS

E por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º quixeron darlle un toque musical a este día a través dunhas cancións, expresándonos así, a través da música como linguaxe, a cal nos axuda en moitas ocasións, a expresar o que non somos capaces de facer con palabras. Desfrutádeas!











mércores, 11 de decembro de 2019

OS PICTOGRAMAS CHEGAN AO COLE

Este ano, chegan á nosa biblioteca os pictogramas para facilitar a localización de todos os espazos a todos os nenos e nenas do cole.


Ademáis, ampliamos os nosos fondos con libros de pictogramas tan chulos como estos. Pasade a velos pronto!!!



luns, 10 de xuño de 2019

MALETA INCLUSIVA

Unha nova maleta viaxeira chegou ao noso cole desde Bibliotecas Escolares, pero esta vez era especial pola temática dos seus libros: a inclusión. Cada curso escolleu un libro para traballalo na clase na Hora de Ler. Aquí podedes ver unha pequena mostra.




Os nenos de 2.º reflexionaron sobre a aceptación dun mesmo.



Os nenos de 6.º adentráronse na aprendizaxe da lingua de signos.

Esta maleta deunos moito que pensar!