Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de maio de 2023

Novidades

Bo día lililector@s!!
Aínda que queda pouquiño para rematar o curso, na biblioteca seguimos recibindo novidades relacionadas co noso PDI: COIDÁMONOSO CON LILI. 


venres, 24 de marzo de 2023

Novidades

 Bo día Lililector@s!!!

Estas son algunhas das novidades que temos este mes na biblioteca.



Estade moi atentos...nos próximos días chegarán máis cousiñas.

martes, 10 de maio de 2022

NOVIDADES LIBROS INFORMATIVOS E CREATIVOS

 Bo día, Liliseparador@s!

Temos na nosa biblio novidades de libros informativos. Este tipo de libros proporcionan o acceso á cultura escrita, amplían vocabulario, ofrecen información estruturada, axudan a comprender o mundo, fomentan o pensamento crítico e promoven a reflexión sobre temas cotiáns, permiten o autoaprendizaxe e potencian a curiosidade.

ADIANTE COAS LECTURAS!!!




luns, 9 de maio de 2022

NOVIDADES

 Bo día, Liliseparador@s!

Seguen chegando novidades á nosa biblio. Lembrade que podedes gozar delas na vosa quenda ou levalas en préstamo.



Espero que espertedes a vosa imaxinación e creatividade con este teatro de sombras e creedes novas historias cos vos@s compañeir@s utilizándoo como ferramenta de inclusión.




xoves, 28 de abril de 2022

XINCANA DÍA DO LIBRO- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Bo día, Liliseparador@s!

Esta semana fixemos unha xincana traballando así o Día Mundial da saúde e o Día do libro. Esta consistía en ir superando estacións con probas físicas e obtendo así cartas de gamificación de monstros que ameazan o noso planeta. Grazas ao xogo cooperativo conseguistes un agasallo para a vosa biblioteca de aula.

Só heroes e heroínas ambientais como vós podedes derrotalos!!! 



PARABÉNS LILISEPARADOR@S!

venres, 15 de abril de 2022

NOVIDADES 3º TRIMESTRE

 Bo día, Liliseparador@s!

Déixovos aquí todas as novidades que mercamos para que gocedes da lectura na recta final do curso. Como podedes ver, moitas delas son as vosas peticións que deixastes na caixa de suxestións que temos na biblio.





mércores, 30 de marzo de 2022

NOVIDADES INCLUSIVA E CREATIVA

 Bo día, Liliseparador@s!

Temos todas estas novidades na nosa biblioteca. Podédes gozar delas na vosa quenda de biblioteca!

martes, 15 de febreiro de 2022

NOVIDADES BIBLIO

 Ola, Liliseparador@s!

Xa temos na biblio moitas novidades. Non dubidedes en vir botar unha ollada na vosa quenda.



mércores, 17 de novembro de 2021

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 Ola, Liliseparador@s!

Chegaron libros á biblio, non esquezades mirar o recuncho de novidades cando vaiades na vosa quenda. 

Agardan sorpresas!!!




luns, 25 de outubro de 2021

VISITA CECILIA

 Bos días, Liliseparador@s!

Esta fin de semana tiven unha visita moi especial, veume ver a profe Cecilia. Ademais de darme moitos recordos para vós, estívome contando moitas cousas do seu novo cole. Tamén me fixo unha proposta, lecturas compartidas de MEDO. Que vos parece? Preparamos estes contos? 



Na súa despedida deixoume un agasallo para todos nós, este estupendo conto. Espero que vos guste tanto como a min. 



Moitas grazas, Cecilia. Volve vernos cando queiras.

venres, 8 de outubro de 2021

XOGOS RECICLAXE

Bos días, Liliseparador@s

Esta semana chegaron á biblioteca xogos de reciclaxe para aprender de forma divertida. Saber que se deposita en cada contenedor, de que está feito cada elemento reciclable e, mesmo, darlle unha nova vida é o obxectivo desdes xogos para que aprendades a reciclar e a coidar o medio ambiente. 


Podedes gozar deles na vosa quenda de biblioteca, como xa fixeron algúns dos vos@s compañeir@s. 

 



Adiante coa reciclaxe!!!

mércores, 6 de outubro de 2021

NOVIDADES AUDIOVISUAIS

Bos días, Liliseparador@s

Seguen chegando sorpresas á biblioteca. Espero que vos gusten as novas adquisicións porque moitas delas estarán nas mochilas viaxeiras. Non vos esquezades que tedes unha caixa de suxestións para enviarme as vosas propostas. 

Atent@s, avecíñase o día das bibliotecas!!!

luns, 4 de outubro de 2021

AGASALLO DO CONCELLO

Ola, Liliseparador@s!

O curso pasado os nenos e nenas de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de educación primaria do noso colexio, participaron nunha actividade dirixida a promover a corresponsabilidade e compartir en igualdade no marco da campaña "UNHA EXPERIENCIA DE COIDADO, CORRESPÓNDECHE ESCOLLER A TÚA!". Grazas a ese gran traballo o concello de As Pontes agasallounos con estes fermosos libros. 

martes, 28 de setembro de 2021

NOVIDADES RECICLAXE

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa están a chegar os libros que vos acompañarán nas mochilas viaxeiras. Estade atent@s, comezan as sorpresas!!!

luns, 14 de xuño de 2021

NOVIDADES

 Ola, Lililector@s!

Á nosa biblio non paran de chegar novidades así que non dubidedes en vir velas.





mércores, 2 de xuño de 2021

NOVIDADES DE INGLÉS

 Bos días, Lililector@s!

Como xa sabedes, neste colexio gústannos moito as linguas estranxeiras, así que fixemos un enorme pedido de libros en inglés. Estas son as últimas novidades, botádelle un ollo!

Good morning, Lilireaders!

As you already know, in this school we really like foreign languages, so we made a huge order of English books. This are the last news, take a look!



luns, 24 de maio de 2021

NOVIDADES EN GALEGO

 Ola, Lililector@s!

Seguen chegando novidades á nosa biblio, esta vez en galego. Gozade coas lecturas!!!



venres, 21 de maio de 2021

NOVIDADES BIBLIOLILI

 Bos días, Lililector@s!

Preséntovos os novos libros que acaban de chegar a nosa biblio. Espero que vos gusten tanto coma a min. Adiante coas lecturas!!!


xoves, 15 de abril de 2021

NOVIDADES

 Bos días, Lililector@s!

Estamos xa no último trimestre do curso, pero seguimos coas novidades na nosa biblio. Esta é unha das sorpresas que vos agardan na semana do libro. Mirade que libros máis chulos chegaron, entre eles, algún das vosas suxestións. Botádelle un ollo!


xoves, 1 de abril de 2021

AGASALLO DA PROFE CECILIA

Ola, Lilicientífic@s!

Nestes días de vacacións tiven unha visita moi especial, a da profe Cecilia. Ela acórdase moito de tod@s vós e quere que a lembremos sempre. Xa sabe que imos a "lume" coa ciencia e coa creatividade por iso regalounos estes dous fantásticos libros.



Dentro dos contos atopei a súa carta de despedida.




 Moita sorte nesta nova andaina, Cecilia. Volve cando queiras a vernos, Bibliolili é a túa casa. Esperámoste!!!