Amosando publicacións coa etiqueta Día das mulleres e as nenas na ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das mulleres e as nenas na ciencia. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de febreiro de 2024

Iniciativa 11F

 Bo día Lililector@s:

Para celebrar o Día da Nena e a Muller na Ciencia, sumámonos á iniciativa 11F. É unha plataforma que permite a científicas de calquera ámbito atopar a centros interesados, coma o noso, en recibir unha charla sobre o seu traballo ou outra temática relacionada co seu ámbito de estudo. Nós recibimos a Mariluz, investigadora da Universidade de Vigo cuxos traballos están relacionados coa auga e os efectos desta na paisaxe e o territorio. Despois de explicarnos o seu traballo, os instrumentos e o laboratorio, fixemos unha pequena práctica para analizar auga que nós mesm@s recolléramos.

Moitas grazas pola visita!



martes, 15 de febreiro de 2022

ADA MAGNÍFICA, CIENTÍFICA

 Bo día, Liliseparador@s!

O 11 de febreiro celebrouse o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo de lograr o acceso pleno e equitativo das mulleres e as nenas na ciencia. Dende o cole traballamos o conto "Ada magnífica, científica"

Sabiades que Ada Marie, a protagonista desta historia colle o seu nome de dous grandes científicas? Marie Curie, cuxo traballo conduciu á invención dos raios X, e a matemática Ada Lovelace, recoñecida como a primeira programadora de ordenadores.


Ada Magnífica, científica móstranos a unha nena que ten un desexo insaciable de atopar respostas a todas as súas preguntas. Espero que con esta actividade, do mesmo xeito que Ada, experimentedes co proceso para conseguilas: pensar, preguntar, ensaiar e eliminar... 







Así quedou a nosa biblio. PARABÉNS!!!







xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA

 Bos días, Lilicientífic@s

Hoxe é o día das mulleres e as nenas na ciencia, así que vos deixo aquí uns libros que temos na biblio, para que lle botedes unha ollada.


Tedes tamén unha actividade moi chula para ver información sobre algunhas das máis coñecidas mulleres de ciencias.