Ola, Lilicientífic@s!
Amósovos o resultado final do proxecto cun museo da ciencia dos contos. Parabéns polo traballo que fixestes durante todo o curso.
Ola, Lilicientífic@s!
Amósovos o resultado final do proxecto cun museo da ciencia dos contos. Parabéns polo traballo que fixestes durante todo o curso.
Bos días, Lililector@s!
Preséntovos un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19 promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro. Está escrito de forma colaborativa por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e ilustrado por Leandro Lamas.
Ola, Lilicientífic@s!
Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño, o alumnado do centro aprendeu a través do xogo e a robótica os significado das 3 R (reducir, reutilizar, reciclar).
Bos días, Lililector@s!
Como xa sabedes, neste colexio gústannos moito as linguas estranxeiras, así que fixemos un enorme pedido de libros en inglés. Estas son as últimas novidades, botádelle un ollo!
Good morning, Lilireaders!
As you already know, in this school we really like foreign languages, so we made a huge order of English books. This are the last news, take a look!
Ola, Lililector@s!
Xa falta pouco para as vacacións de verán!
Despois de coñecervos e saber que vos encanta ler, gustaríame que lle botásedes unha ollada a estes libros.
Gozade coas lecturas no tempo de lecer!!!
Bos días, Lililector@s!
Despois dun ano de duro traballo e moitísimas lecturas é o momento das recompensas. Parabéns aos dez lector@s máis activ@s!!!
Ola, Lilicientífic@s!
Os nenos e nenas de 6.º de E. Primaria parece que estiveron experimentando en familia. Agora que xa somos uns expert@s investigadores, podedes comprobar e practicar algúns deles na casa.
Parabéns polo voso traballo !!!
Bos días, Lilicientífic@s!
Os nenos e nenas de 5.º de E. Primaria están a experimentar na casa. Botade unha ollada aos seus ensaios.
Ola, Lililector@s!
Seguen chegando novidades á nosa biblio, esta vez en galego. Gozade coas lecturas!!!
Ola, Lilicientífic@s!
Mirade que ben o pasaron os nenos e nenas de 5 anos amosando os experimentos feitos na casa ao resto de compañeir@s da aula.
Grazas ás familias pola súa implicación.
Bos días, Lilicreativ@s!
Nesta ocasión levei ás aulas de E. Infantil, a realidade aumentada. Empregamos a apliación Miaotu World para coñecer os animais salvaxes.
Bos días, Lililector@s!
Preséntovos os novos libros que acaban de chegar a nosa biblio. Espero que vos gusten tanto coma a min. Adiante coas lecturas!!!
Bos días, Lilicientífic@s!
Que ben o pasades nas clases experimentando e aprendendo coa ciencia. Cada día sorprendédesme máis. Parabéns polas vosas investigacións!!!
Bos días, Lililector@s!
Co motivo de mellorar a nosa biblio e por pertencer a comunidade educativa, seredes @s encargad@s de cubrir as seguintes enquisas.
Moitas grazas pola vosa participación.
Enquisa para as familias de E. Infantil:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdNEP4XiURZSXue2jaoYlPwTeTMb7VWjv-f2pgEJbq6bzEByw/viewform
Enquisa para as familias de E. Primaria:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc9B4fgEVgTzzUgE4nec6t_1XsTPsw88RsALfMNymTCOVRTaw/viewform
Enquisa para os alumnos e alumnas:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc44HMyLUxjAZZjaD6UJMBmkJs9lG-Y7knWX8_ti-Pc3JmRSA/viewform
Enquisa para @s axudantes:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfy6Gkiwyz3iILGSEOMRJERsjnngjUbr0fJ9mQ51Zm3JtoCcQ/viewform
Bos días, Lililector@s!
A homenaxeada deste ano é Xela Arias. No nose cole fixemos un podcast cun poema do libro Darío a Diario. Espero que vos guste.
Descubrimos moitas cousas dela con estes libros da nosa biblioteca...
e fixemos un mural con todo o que aprendimos. Parabéns, artistas!!!
Ola, Lilicientífic@s!
Os nenos e nenas de 2.º de E. Primaria, comprobaron o proceso de oxidación e conservación nun experimento. Aquí tedes o resultado.
Bos días, Lilicientífic@s!
Que contenta estou estes días porque o cole cheira a ciencia. Parabéns aos nenos e nenas de 5.º de E. Infantil por mostrar aos demais os seus logros.
Bos días, Lilicientífic@s!
Que vos parecen estes experimentos que trouxeron das súas casas os nenos e nenas de 4.º de E. Infantil?
Parabéns pequenos científic@s!!!
Moitas grazas ás familias por participar con nós neste proxecto.
Ola, Lililector@s.
Hoxe viñeron de visita pola biblio os nenos de 5.º de Educación Infantil para probar a nosa tableta. Que ben o pasaron aprendendo as letras e os números en inglés.
Animádevos a usar o novo espazo que inauguramos este ano!!