Amosando publicacións coa etiqueta Samagosteen. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samagosteen. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de outubro de 2023

SAMAGOSTEEN

Como en cursos anteriores celebrei con toda a comunidade educativa o tradicional Samagosteen. Dende varios departamentos do centro celebráronse varios concursos relacionados con esta festividade, tivemos un Photocall preparado pola ANPA que tamén trouxo a merenda, despois os xogos... Mirade nestes links as fotos:

- Concurso de receitas

- Concurso de pantasmas

- Photocall

- Merenda

- Xogos

Mais o que máis me gustou foi a iniciativa de tres alumnas de 6º de primaria que inventaron un conto e quixeron contarllelo a todo o alumnado. Védelas ahí nunha das clases?

Fotos doutras clases

mércores, 2 de novembro de 2022

Samagosteen

 O venres celebramos o Samagosteen!!! 

Primeiro baixamos a degustar unha merenda moi rica agasallo da nosa ANPA. Moitas gracias, estaba todo riquísimo!!!


Antes de comezar a xogar entregamos os premios os gañador@s dos nosos concursos: Os sombreiros de bruxa e o Contos terroríficos. Noraboa a tod@s os que participáchedes e os gañador@s que esperemos que desfrutedes dos agasallos.

 

Para rematar a xornada terrorífica xogamos por cursos no ximnasio, na carpa e tamén na biblioteca!!

 Esperamos que o pasáredes xenial!!!

mércores, 26 de outubro de 2022

Sombreiros de bruxa

 Estos son algúns dos sombreiros participantes no noso concurso...



O venres descubriremos os 3 sombreiros gañadores pero está moi difícil.
Grazas pola vosa participación!!!!


mércores, 19 de outubro de 2022

Concurso sombreiros

 Xa estamos recibindo os primeiros sombreiros para o concurso.



Que bonito nos está quedando o cole!!!


martes, 18 de outubro de 2022

Contos terroríficos

 A semana pasada visitounos unha bruxa co seu caldeiro máxico cheo de "ingredientes" para facer un CONTO TERRORÍFICO.


O longo de toda a semana tedes que realizar un conto terrorífico empregando os ingredientes que sacáchedes do caldeiro máxico e así participar no concurso de CONTOS TERRORÍFICOS!!!


A escribir liliescritor@s!!

luns, 17 de outubro de 2022

Sombreiro de bruxa

Bo día familias!!!

Xa falta pouco para Samagosteen. Este curso temos un concurso de SOMBREIROS DE BRUXA. Toda a familia pode colaborar na realización dun sombreiro de bruxa para decorar o cole. 


Animádevos a participar!!!
Boa semana!!!

mércores, 17 de novembro de 2021

ENTREGA AGASALLOS

 Ola, Liliseparador@s!

Hoxe entregamos os agasallos aos nenos e nenas premiados no concurso de vasoiras reciclo-creativas e conxuros poéticos. Grazas pola vosa participación e xa sabedes que todo esforzo ten a súa recompensa. Que a vosa imaxinación e creatividade non pare nunca.

PARABÉNS!!!











luns, 8 de novembro de 2021

VASOIRAS GAÑADORAS

Bo día, Liliseparador@s!
Por fin xa temos gañador@s. As tres vasoiras reciclo-creativas premiadas foron:
Moitas grazas pola vosa participación, deica logo faremos entrega dos agasallos. Non deixedes de crear, agardan sorpresas na biblio.

PARABÉNS!!!

CONXUROS GAÑADORES

 Ola, Liliseparador@s!

Aquí están @s gañador@s dos conxuros poéticos. Moitas grazas pola vosa participación foi un verdadeiro pracer ler historias tan arrepiantes. Seguide así, estou moi segura de que de este cole sairán grandes escritor@s.







martes, 2 de novembro de 2021

VASOIRAS RECICLADAS

 Ola, Liliseparador@s!

Aquí tedes unha mostra das vasoiras que foron chegando ao cole. O CEIPP Santa María vaise enchendo de materiais reciclables cunha segunda utilidade. Moitas grazas ás familias por axudar aos nen@s neste traballo tan creativo. 

PARABÉNS PEQUEN@S ARTISTAS!!!




A BRUXA REGAÑADENTES

 Bo día, Lililector@s!

Os nenos e nenas de 5º de E. Primaria fixeron unha lectura compartida en streaming cos nenos e nenas de E. Infantil do CEIP A Escardia e os máis pequen@s do noso cole. Espero que vos gustase moito!

Unha aperta!!!



sábado, 30 de outubro de 2021

CONXUROS POÉTICOS

 Bo día, Liliseparador@s!

Seguen chegando poemas a biblio e xa falta pouco para coñecer os gañador@s.Parabéns polo voso traballo!!!








venres, 29 de outubro de 2021

CONXURO POPULAR

 Bo día, Liliseparador@s!

Déixovos un conxuro popular galego de tradición oral que nos aportou unha familia. Moitas grazas por involucrarvos na educación dos nen@s e participar activamente en todas as actividades propostas polo centro.



xoves, 28 de outubro de 2021

LECTURAS COMPARTIDAS DE SAMAGOSTEEN

Bo día, Liliseparador@s!

Lémbrovos que o día dous teremos lecturas compartidas de medo co CEIPP A Escardia. Agardo con moita ilusión esta experiencia.

mércores, 27 de outubro de 2021

martes, 26 de outubro de 2021

CONCURSO DE VASOIRAS RECICLO-CREATIVAS

 Ola, Liliseparador@s!

Xa están a chegar as primeiras vasoiras recicladas. Non olvidedes entregar a vosa, o concurso segue aberto. Quero ver que artistas hai no Santa María!!!

ENTRADA BIBLIOTECA

 Bo día, Liliseparador@s!

A entrada da nosa biblio xa está preparada para o SAMAGOSTEEEN. Un dos obxectivos do PDI deste ano é a reutilización por iso, no cole estamos a decorar cos distintos materiais dos que dispoñemos. Poñemos en práctica as 3R!!!

luns, 18 de outubro de 2021

SAMAGOSTEEN 2021

 Bos días, Liliseparador@s!

Que pouco queda para o SAMAGOSTEEN, por iso desde a biblioteca en colaboración co equipo de lingua galega planeei un concurso. Estades preparad@s para convertervos en pequen@s meig@s???

Para espertar as vosas aptitudes artísticas e coidar o medio ambiente, debedes de elaborar unha vasoira  con materiais reciclados e para non deixar ao carón a vosa creatividade propóñovos idear e escribir un conxuro poético.  



Tod@s @s nen@s que participen conseguirán un diploma. Tamén haberá agasallos para os tres conxuros máis terroríficos e as tres vasoiras máis reciclo-creativas.

Espérovos na biblio!!!


venres, 30 de outubro de 2020

SAMAGOSTEEN DE CIENCIA

Bos días, Lilicientífic@s!

Este ano, celebramos un Samagosteen un pouco especial, pero de novo seguimos divertíndonos na biblioteca cunhas súper historias de ciencia.

Cada curso, veu ver unhas historias terroríficas moi chulas, realizadas polos nen@s de 5º e 6º de primaria, coa axuda da profe Lorena, de inglés. Desfrutade con elas!!

Halloween Stories


Ademais, os alumn@s de 5º e 6º tamén fixeron uns contos musicados sobre Ciencia Terrorífica coa axuda da profe Cecilia na clase de música. 

Mirade que medo!!

5º : MONSTERLAND


6º: EL CIENTÍFICO ESCAPISTA


Así de ben o pasamos este ano no Samagosteen: