Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas Escolares

Este curso celebramos o día das bibliotecas escolares abrindo as portas da nosa biblioteca e mostrando os libros da mochila viaxeira. O alumnado accedeu con un billete cara o futuro. Nesa viaxe tiveron que facer un xogo de pistas respondendo a preguntas sobre o funcionamento da biblioteca adaptadas ao seu nivel.

Se queredes ver máis fotos pulsade na imaxe




mércores, 26 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

O luns celebramos o Día das Bibliotecas. Os diferentes cursos foron baixando a Biblioteca donde lles tiñamos preparados uns retos que debían resolver para lograr o TESOURO que era un libro sobre o proxecto deste curso. 

Tod@s participaron e lograron os libros e a súas mochilas viaxeiras que xa comezaron a viaxar polas diferentes casas. Pronto chegará a vosa para que a desfrutes en familia.




Tamén entregamos os carnets os novos alumnos e alumnas do centro para que podan desfrutar dos préstamos da Biblioteca



Un saúdo familias

luns, 24 de outubro de 2022

luns, 1 de novembro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Ola, Liliseparador@s!

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir" céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos. 

Nós non quixemos deixar de festexalo cun xogo de pistas. Espero que o pasásedes xenial. Tamén aproveitamos a ocasión para repartir as mochilas viaxeiras.

 


luns, 26 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bos días, Lilicientífic@s!

O día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e para celebralo, realizamos na nosa biblioteca o tradicional xogo de pistas, mais este ano, para cumprir con todas as medidas necesarias e facer uso das novas tecnoloxías, levámolo a cabo dixitalmente. 

Mirade que ben o pasamos!!









Déixovos aquí os enlaces para que poidades facer de novo o xogo de pistas!

Liliciencia 1º

Liliciencia 2º

Liliciencia 3º

Liliciencia 4º

Liliciencia 5º

Liliciencia 6º

Liliciencia 4º Infantil

Liliciencia 5º Infantil

Liliciencia 6º Infantil

Ademáis, ao rematar, fixemos entrega das mochilas viaxeiras con todas as novidades deste ano, continuando coas películas, os libros electrónicos e as tabletas e, incluindo un fantástico libro de CIENCIA en cada mochila. E para os cursos numeros entregamos dúas mochilas, para que mantendo os días de corentena, poidan desfrutala todos os nenos e nenas.

venres, 25 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - CINELILI

Como viñamos facendo todos estes anos, Lili mandou unha carta lembrando que o 24 de outubro conmemorabamos o Día das Bibliotecas Escolares
Este ano, para celebralo, fixemos un "scape room" na biblioteca, no que atoparon pezas de puzzles que descubrían a portada dun libro e DVD relacionado co noso PDI: CINELILI.

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos!!!







Os novos lectores recibiron os seus carnés de biblioteca.


















Tamén saíron as mochilas viaxeiras que como novidade este ano levaban unha película sobre igualdade, un libro relacionado co noso proxecto CINELILI e un lector de libros electrónicos ou unha tableta segundo as idades. Que ilusión!








martes, 6 de novembro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para este día tan importante, a nosa mascota Lili preparounos un divertido xogo de pistas no que tiñamos que atopar as pezas dun cadro.





























Para conseguir a mochila viaxeira tiñamos que montar o puzle. E, por suposto, fixemos un bo traballo.















 Os nosos novos compañeiros tamén recibiron os seus carnés de socios da biblioteca.




















Que día máis divertido!