Amosando publicacións coa etiqueta Impresora 3D. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Impresora 3D. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de maio de 2024

Os nomes das aulas

Bo día Lililector@s: Xa dende cursos pasados rondábanos a idea de poñer nomes ás aulas. A principio de curso dende o departamento de Normalización Lingüística decidiuse elixir nomes de personaxes galegos e a casualidade quixo que todas as aulas elixiran nomes de mulleres. Dende Biblioteca Creativa e Polos Creativos pensamos que sería boa idea dar unha base e que o alumnado escribira cadanseu nome da aula e así o fixemos. Mirade que ben quedaron na impresora 3D. Colocarémolos nas entradas das aulas polo Día das Letras Galegas

xoves, 27 de abril de 2023

Impresora 3D

 Esta semana algúns mestres e mestras do centro tiveron unha formación sobre o uso da nosa impresora 3D. Hoxe coa axuda da alumna de 6º, Alba estamos creando o noso primeiro deseño. 







luns, 14 de marzo de 2022

IMPRESIÓN 3D

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa está funcionando a nosa impresora!!!  Aquí tedes a primeira impresión en 3D!!!
Tivemos a gran sorte de contar con Antón que a puxo en marcha e probouna. Estade atent@s porque en breve poderedes utilizala na vosa quenda de biblioteca.









xoves, 24 de febreiro de 2022

IMPRESORA 3D

Ola, Liliseparador@s!

Chegou unha nova adquisición á biblio, unha impresora 3D. Á volta do entroido probarémola!!!