O 20 de abril achegouse á biblioteca o noso colaborador César Candelas para falarnos do proceso que levou á invención da escritura.

Cun percorrido pola historia, mostrounos a simboloxía utilizada antes de chegar á escritura.

Todos seguimos o seu relato con moita atención e fixémoslle moitas preguntas sobre algúns aspectos que nos resultaron moi curiosos.
Foi unha experiencia enriquecedora e participativa.

