Unha nova maleta viaxeira chegou ao noso cole desde Bibliotecas Escolares, pero esta vez era especial pola temática dos seus libros: a inclusión. Cada curso escolleu un libro para traballalo na clase na Hora de Ler. Aquí podedes ver unha pequena mostra.
Os nenos de 2.º reflexionaron sobre a aceptación dun mesmo.
Os nenos de 6.º adentráronse na aprendizaxe da lingua de signos.
Esta maleta deunos moito que pensar!