luns, 18 de novembro de 2019

RETO LECTOR


 Lili sempre está pensando que facer para conseguir que sexamos moi bos lector@s. Pensando, pensando, ocorréuselle que xa era hora de levar a cabo un reto lector.



Este mes de novembro, aproveitando que tivemos a maleta viaxeira de banda deseñada que nos prestaron en Bibliotecas Escolares, comezamos lendo un cómic.



Que boa tivo Lili! Enchéusenos a biblioteca de pequenos retolector@s!

Lili agradécevos a vosa participación!
A ver que toca en decembro...

TOD@S ATENT@S!!!