@s nen@s da asignatura de valores sociais e cívicos de 5º de E. Primaria realizaron unha fermosísima adaptación do libro Sadako e as mil grúas de papel do autor Eleanor Coerr para conmemorar o Día escolar da Paz e Non Violencia. Grazas a este libro aprendemos que as grúas son tamén un símbolo mundial da paz. Coa axuda da profesora de plástica plegamos e elaboramos as nosas grúas que colgamos polo corredor do colexio.
Aquí tedes unha mostra do noso traballo



