Bos días, Lilicientífic@s!
O día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares, e para celebralo, realizamos na nosa biblioteca o tradicional xogo de pistas, mais este ano, para cumprir con todas as medidas necesarias e facer uso das novas tecnoloxías, levámolo a cabo dixitalmente.
Mirade que ben o pasamos!!
Déixovos aquí os enlaces para que poidades facer de novo o xogo de pistas!
Ademáis, ao rematar, fixemos entrega das mochilas viaxeiras con todas as novidades deste ano, continuando coas películas, os libros electrónicos e as tabletas e, incluindo un fantástico libro de CIENCIA en cada mochila. E para os cursos numeros entregamos dúas mochilas, para que mantendo os días de corentena, poidan desfrutala todos os nenos e nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: