Bos días, Liliseparador@s!
Que pouco queda para o SAMAGOSTEEN, por iso desde a biblioteca en colaboración co equipo de lingua galega planeei un concurso. Estades preparad@s para convertervos en pequen@s meig@s???
Para espertar as vosas aptitudes artísticas e coidar o medio ambiente, debedes de elaborar unha vasoira con materiais reciclados e para non deixar ao carón a vosa creatividade propóñovos idear e escribir un conxuro poético.
Tod@s @s nen@s que participen conseguirán un diploma. Tamén haberá agasallos para os tres conxuros máis terroríficos e as tres vasoiras máis reciclo-creativas.
Espérovos na biblio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: