luns, 6 de decembro de 2021

AGASALLO ANPA

   Ola, Liliseparador@s!
Levamos un tempo cun agasallo na nosa biblioteca, unha tableta. A ANPA regalóunola para que poidamos desfrutala no noso recuncho da creatividade. Nela tedes aplicacións de reciclaxe para que sigades aprendendo e mellorando o noso planeta e podedes utilizala na vosa quenda de biblioteca.
Por certo, na caixa de suxestións tedes a posibilidade de escribir tamén apps que vos gustarían que mercáramos. Adiante coa creatividade!!!

Moitas grazas a nosa ANPA por pensar sempre en todos nós e as nosas necesidades!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: