martes, 18 de xaneiro de 2022

CLUB DE LECTURA COMPARTIDA

   Bo día, Liliseparador@s!

Ata o de agora no cole realizábamos lecturas compartidas entre o alumnado e era todo un éxito. De aquí xorde a idea que desenvolvín co fin de levar da escola a casa este interesante práctica. 

A lectura compartida dáse cando un adulto le un conto ou libro a un neno ou nena en voz alta, pero coa condición de que esta lectura sexa interactiva, é dicir, as dúas partes, adulto e neno ou nena, deben interactuar. Formar este club e unha oportunidade para reunir ás familias coa escola e facer algo conxunto que sexa positivo e afectivo no desenvolvemento dos nenos e nenas.

A proposta é a seguinte: debedes ler un conto ou libro na casa con algún membro da vosa familia en lingua galega e gravarvos en vídeo. A continuación enviádesmos ao correo electrónico da biblioteca (bibliolilisanta@gmail.com).

ARRIBA CO CLUB DE LECTURA COMPARTIDA!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: