Bo día, Liliseparador@s!
Hoxe, 21 de abril, celébrase o Día Mundial da Creatividade e a Innovación co fin de concienciar do rol da creatividade no desenvolvemento humano.
O obxectivo desta conmemoración é fomentar as ideas orixinais para animar a pensar de maneira diferente, promover a utilización da choiva de ideas e outras técnicas creativas e animar aos nenos e ás nenas para facer as cousas con paixón e aproveitar as oportunidades que se lles presentan.
Mirade que ven o pasamos empregando materiais que tiñamos no cole e que lle demos unha nova utilidade seguindo co noso proxecto na procura do noso Planeta (REUTILIZAR).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: