martes, 24 de mayo de 2022

OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D

 Bo día, Liliseparador@s!

Dende o cole temos o propósito de promover a aprendizaxe mediante a integración de actividades de impresión 3D co fin de que o noso alumnado poida aprender e dominar as novas tecnoloxías, adquirir novas competencias, desenvolver a súa creatividade e fortalecer a capacidade de resolver problemas de forma lóxica.

Por iso, onte tivemos un obradoiro de impresión 3D impartido por unha persoa moi especial, a mestra Cecilia que anos atrás estivo no noso cole e que tanto sabe sobre esta temática. O resultado final foi a creación dun selo de reciclaxe.



Moitas grazas pola túa axuda, volve cando queiras!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: