Bo día, Liliseparador@s!
Onte foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Os nenos e nenas máis pequen@s do cole están aprendendo o papel que xogan as abellas no medio ambiente, xa que é fundamental e insubstituíble. A extinción destes insectos sociais prexudicaría de forma importante o equilibrio ecolóxico do planeta, ata tal punto que a supervivencia humana sería case imposible.
A abella é un auténtico detector ecolóxico porque o seu corpo está cuberto de pelos que axudan a capturar as substancias que entran en contacto con elas, é sensible a moitos produtos tóxicos e visitan todos os sectores ambientais: chan, vexetación, aire e auga.
Grazas ao microscopio os nenos e nenas puideron espertar o seu interese científico, observaron o mundo desde unha perspectiva diferente, melloraron as súas habilidades analíticas e estimularon a súa concentración.
O medio ambiente é responsabilidade de todos!
PARABÉNS PEQUEN@S GARDIÁNS DO MEDIO AMBIENTE!!!
Tamén os nenos e nenas de 4º de E.P. prepararon uns taboleiros de reciclaxe para os escornabots e despois xogaron con eles. Mirade canto aprenderon e que ben o pasaron!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: