xoves, 19 de xuño de 2025

As nosas recompensas

 Ola a tod@s @s lileir@s!

Rematamos o curso esta semana. Estes últimos días de clase foron para recordar, recompilar e tamén para agradecer a vosa participación nas actividades da biblioteca.

Nun dos recreos quedámonos un anaquiño máis para darlles un cariño a todos os nenos e a todas as nenas que remataron o reto lector.

Tamén tiveron recompensa os voluntarios e voluntarias deste curso. 

E, finalmente, fixemos un reto Steam especial para o alumnado que superou os retos en todos os meses anteriores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: