mércores, 18 de marzo de 2020

CARTA LILI

Ola Lililectores!
Que pena non podervos ver estes días. A biblioteca no é o mesmo sen vós, pero xa sabedes que temos que estar nas nosas casas. Por iso e para que pasedes estes momentos máis amenos propóñovos unha serie de actividades divertidas que irei colgando no blog da biblio.


Estade atentos!!!

 Por último recoméndovos:

- Buscar un sitio tranquilo, cómodo e ben iluminado.
- Evitar distraccións (tablet, ordenador, móbil, tv...)
- Coller  un libro e gozar coa lectura.

Boas lecturas!!!