xoves, 19 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA


PAREADOS DE CINE

Bos días Lililectores, como se achega o día da Poesía, quero propoñervos unha actividade moi chula coa que decoraremos o noso cole.
Aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria, invítovos a que escribades na miña pegada o voso nome cunha palabra que rime.

 E aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º a que fagades un pareado cos vosos nomes. Déixovos un exemplo co meu nome:
Así poderemos poñer todas as pegadas que fagades no noso...

PASEO DA POESÍA!!