mércores, 25 de novembro de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Bos días, Lililectores!

Un ano máis, queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero dende o noso centro e por iso, dende a distancia, todos e todas aportamos o noso gran de area.

Dende a biblioteca fixemos unha recomendación de libros chulísimos en galego que trouxemos como novidades para traballar este tema, ampliando así a nosa sección de Biblioteca Inclusiva.

Brancaneves e os 77 ananiños,  e Cincenta e as zapatillas peludas, uns clásicos nos que se lle da a volta ao conto con humor, cuestionando os estereotipos de xénero. Onde Brancaneves fártase de limpar a casa para os ananiños e Cincenta non necesita ao seu príncipe para ser feliz.

Audioconto Brancaneves e os 77 ananiños

E para os máis pequenos, Rosa Caramelo, un conto que nos achega á igualdade de xénero a través da historia de Margarita, a súa protagonista.

Clica aquí para ver o Audioconto.

Sobre estes contos, traballamos na clase e decidimos facer uns murais con lemas en galego. Presentamos dous deles a un concurso, e asistimos por videoconferencia á entrega de premios.



Ademáis, coa colaboración da ANPA ABRENTE, puidemos ver unha obra de teatro en versión dixital, na nosa biblioteca: Contos de nenas grandes e pequenas, da compañía teatral Tropa de Trapo. Déixovos o enlace para poder vela dende a casa:

CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS

E por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º quixeron darlle un toque musical a este día a través dunhas cancións, expresándonos así, a través da música como linguaxe, a cal nos axuda en moitas ocasións, a expresar o que non somos capaces de facer con palabras. Desfrutádeas!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: