Bos días, Lililectores!
Xa sabemos que hoxe en día podemos pescudar información en diferentes medios e soportes. Un destes é o xornal, e para achegarvos unha información súper entretida, suscribímonos ao XORNAL PAPAGAIO.
Xa podedes consultar as primeiras edicións no recuncho de Xornais na biblioteca. E para 5º e 6º de primaria, temos tamén o PAPAGAIO DIXITAL para consultar de xeito individual a través dos vosos ordenadores.
Desfrutade coa información!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: